domingo, 9 de xuño de 2019

Partidazo na Tasca (Aguiño)

O Xuventude Aguiño gaña ao Eume deportivo

Onte sábado o Aguiño gañou ao Eume por 3-2 goles, no campo da Tasca. 
O partido foi complicado para os dous equipos, xa que se xogaba o ascenso da liga galega. Dos xogadores do Aguiño tiveron lesións moi fortes, polas que  tiveron que ser atendidos polo persoal sanitario, levando sanción ao xogadores do Eume con tarxeta vermella e  sen poder xogar catro partidos.
Na primeira metade o Aguiño meteu os seus dous primeiros goles, aínda que puido haber un penalti que o árbitro non pitou e os seguidores do Aguiño protestaron fortemente contra o colexiado. Mentras que o Eume só conseguiu un gol xa que non participou o suficiente nesta parte.
Na segunda metade  o Aguiño sumou un gol de falta e o Eume  tamén un, aínda que nesta metade superou a participación con facilidade ante un Aguiño canso, pero non foron capaces de conseguir o gol que lle daría o ascenso a categoría superior galega.


    
imaxe de pixabay

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O Aguiño quédase na semifinal da Copa do Sar

O Aguiño quedouse na semifinal da Copa do Sar , tras ser derrotados tras o Noia. Esta tarde con campo de fútbol da Tasca (Aguiño), disput...