mércores, 5 de xuño de 2019

O tenis de mesa

Hoxe vou falar do tenis de mesa ou ping- pong que o practico
O tenis de mesa xógase sobre unha mesa rectangular en un pavillón deportivo pechado.  Os xogadores utilizan palas de madeira para darlle o golpe a unha pequena pelota de plástico. O seu obxectivo é como o do tenis de raqueta, en pasar a pelota sobre unha rede pequena que está suxeita á mesa dividindo os dous campos.
Chama a atención o tenis de mesa só pódese xogar no pavillón pechado porque a pelota é de plástico e está oca, polo cal ao non ter peso co aire perdería velocidade e tamén forza na súa traxectoria.
As palas son de madeira pero están recubertas por unha goma  para que rebote de maneira que lle aminore velocidade, xa que a mesa non é moi longa. Nos campionatos oficiais estas palas teñen que ser oficiais impostas pola federación.
Aquí no Barbanza, o mellor nivel que hai está en Noia, onde hai equipos federados e teñen campionatos ao longo do ano a nivel galego.


                                                       imaxe de pixabay

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O Aguiño quédase na semifinal da Copa do Sar

O Aguiño quedouse na semifinal da Copa do Sar , tras ser derrotados tras o Noia. Esta tarde con campo de fútbol da Tasca (Aguiño), disput...