domingo, 9 de xuño de 2019

O deporte e a saúde

O deporte é a actividade física feita polas persoas admitindo uns regulamentos e participando en competicións. 
A práctica do deporte beneficia ás persoas, reducindo a probabilidade de ter enfermidades, e mellora a formación física e psíquica do corpo humano.  
Desde pequenos xogando xa estamos facendo actividade física  e imos involucrándonos co deporte na escola, aprendendo o desenvolvemento de cada deporte. 
Chegamos a elixir o deporte preferido practicándoo e seguindo a equipos nas súas competicións a través dos medios de comunicación.
Cando hai competicións como son as olimpíadas, as ligas, os mundiais, e torneos de tenis ou de outro deporte, gran número de persoas reúnense para mirar e disfrutar do acontecemento deportivo, que tamén serve como  unha maneira de relacionarse as persoas.
                                                  imaxe de pixabay

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O Aguiño quédase na semifinal da Copa do Sar

O Aguiño quedouse na semifinal da Copa do Sar , tras ser derrotados tras o Noia. Esta tarde con campo de fútbol da Tasca (Aguiño), disput...