mércores, 17 de abril de 2019

Boiro-Arousa

O Arousa volve á carreira pola fase de ascenso goleando en Barraña  ao Boiro .

O Arousa volve ser candidato á promoción de ascenso para todos os efectos, despois de golear con claridade ao Boiro, e aproveitar os tropezos da práctica totalidade dos seus rivais directos na xornada 32 para situarse sexto a 1 punto da U.D. Ourense, cuarta, e do Alondras, quinto. E iso, a falta aínda de 18 puntos por disputar.
O Arousa chegou con moita facilidade ao porteiro do Boiro . Na segunda parte os de Rafa Sáez aproveitaron  a dobre expulsión de Xacobe e Paco no minuto 67 para sentenciar o duelo e gardar gasolina para a recta final da tempada. Pablo Vidal fixo o tanto de  honor cando o seu equipo xogaba xa con nove. 
Os goles foron de Sylla, Luís Garcia, Pablo Vidal  e de último o golazo de Carlos Torrado. 


                                             imaxe de pixabay

xoves, 11 de abril de 2019

regueifas

Regueifa1
Galego temos que cantar
para despois poder xogar
pero para os exames
moito temos que estudar.
Regueifa2
Vinde comer conmigo
que hai un pan de trigo
o home que o fixo
tiña pelos no embigo.

O Aguiño quédase na semifinal da Copa do Sar

O Aguiño quedouse na semifinal da Copa do Sar , tras ser derrotados tras o Noia. Esta tarde con campo de fútbol da Tasca (Aguiño), disput...